| AGARIMOSAS DESP...'s profileEntrañables despedidasPhotosBlogLists | Help |
|
October 23 Del cole15-06-06 CEIP ESTEIRO Estou completamente seguro de que Jesús ferve hoxe de contento coa presencia de tantos compañeiros e amigos, pero antes de que el o exprese dun xeito persoal Quero manifestar vivamente o agradecemento do Claustro de profesores de Colexio de Esteiro, no seu nome falo agora, por este respaldo contundente a un acto que resalta a excepcionalidade dun home. Jesús sabe que non son precisos homenaxes, que no fondo do corazón de cada un reside a aprobación ou a desaprobación por cada acción que levamos a cabo (el levaría esta afirmación máis lonxe dicindo en voz moi baixa, sin que ninguén lle escoitara, que incluso a aprobación persoal é prescindible, que basta coa de aquel Ser no que el cree cunha fe inquebrantable). Pero vas ter que disculparnos xa que hoxe desexamos acotar esta reunión ás máis puras intencións humanas. Podría resumilas: puxémonos en movemento para exteriorizar nun instante concreto, hoxe e aquí, a ledicia de ter sido compañeiros teus ó longo dos últimos anos; puxémonos en movemento para que levaras dentro de ti un recordo, unha especie de fotografía que resumira tanto esforzo como deixaches a prol dunha institución que reflexa polos catro costados os resultados do teu traballo. Fixémolo para dicirche grazas. Pero non mereces ser despachado cun resumo. Aínda que sexa dun xeito breve recoñezamos unha trayectoria. O primeiro consistiría en resaltar algo que entra polo sentido da vista: este colexio conseguiu un aspecto máis alegre coa túa dirección. Fuxiu a cor triste e gris dos bloques que transmitían unha imaxe fabril, industrial, dun lugar (un colexio) que debe distinguirse pola calidez. Acodaron os debuxos dos nenos, a animación dos carteis sobre o xogo, os avións que viven por enriba de nenos e profesores cando se dirixen ás súas aulas, as vitrinas cheas de obxectos que lembran o mellor da nosa infancia… para un profesor do Colexio de Esteiro, nesta Galicia do orballo, o ceo pode estar moi baixo e ameazante, pero cando entramos no colexio podemos recuperar as boas sensacións e levantar o ánimo. Vivimos nun espacio que nos invita ó traballo no primeiro saúdo das nove da mañá. E non me vou alonxar do espazo físico do Colexio. O teu desvelo fixo que a superficie do Centro tivera máis racionalidade: a túa dirección debemos a creación dun aula de informática, doutra aula para o ciclo de infantil, desta mensma aula de recursos audiovisuais na que facendo da necesidade virtude conseguiches dar nova vida a un mobiliario que ía directo ó lixo como son as butacas onde agora vos sentades (xa o sabedes, somos un colexio curto de recursos e non podemos despreciar nada que poda ser obxecto de reciclado. Por certo, grazas Antonio polo teu traballo); sigo: a creacuñib dun pavillón deportivo de recente construcción que será referente no futuro do deporte no colexio e no barrio. Todos coñecemos que esa obra foi feita polo Concello ou aquela pola Consellería de Educación, pero todos estamos no segredo de que nada vai para adiante sen o alento de aquel que pide, que suplica, que escribe escrito tras escrito, que se arma tercamente de argumentos ante aqueles que teñen que poñer unha sinatura nun papel. Jesús é un home tenaz e conseguiu nestes anos esas e autras obras. Que pena que non poidas rematar o úlitmo proxecto_ : a nova biblioteca na que se plasme ese villa ilusión, aínda que socialmente en horas baixas, de ver como desenvolvemos nos nenos o gusto por ler.
Vaiamos agora coa vida do Centro. Partamos do exterior para achegarnos o máis íntimo. Co xogo como referente, o Coloxio abriuse a horizontes lonxanos. Os ecos de Londres chegaron a Esteriro e o bulebule dos nenos de Esterior resoou nas rúas británicas. !Qué tempos estes nos que se poden producir a partir dos medios dun centro público experiencias inesquecibles para os rapaces! Nesas experiencias e noutras parellas estaban Ánxwla e Lourdes, Gloria e Caelia, todos (pido perdón porque concretar nomes poder ser tan inxusto como facer unha xeneralización sen sustancia). O proxecto Comenius foi un incentivo para o cambio. O Colexio collía un carril diferente que podía desembocar nun sinal de identidade novo. Jesús sabe que os proxectos prantexados a curto prazo non teñen futuro; por iso, o tema do xogo segue a estar presente con altos e baixos, madurando ás veces con ruido e outras en silencio, pero con vocación de permanencia. A herdanza do proxecto Comenio segue viva e claramente disposta e aberta para aquel que desexe dar un novo salto de calidade. O Museo deo Xogo pode ser o trampolín. Xa está feita a catalogación; o nçumero e a variedade de pezas está nun nivel de dignidade que merece que o poñamos en valor abríndoo definitivamente ó coñecemento de nenos e adultos.
Esta vocación por mirar máis alá dos muros da institución e de FErrol viviu momentos deliciosos coa presencia de Mathilde, Agnes, Clodine, Christine... Son nomes vencellados ó Colexio no seu propósito de coñecer o sistema educativo español. Este Colexio ten un curioso convenio coa Universidade de Lyon polo que alá polo que alá polo remate do inverno aparecen estudiantes de maxisterio franceses cun nivel envidiable de lingua castelá. Aportan anacos da súa cultura, sensibilidades distintas, puntos de vista diferentes, afectos duradeiros no tempo escaso que pasan entre nós.
Vivimos tempos globalizadores. A diversidades pasa por momentos restrictivos que oscurecen manifestacións tradicionais nas culturas humannas. Pola contra, certos rasgos mostran unha vitalidade que traspasen fronteiras cunha forza non coñecida na historia. Unha destas forzas globalizadoras é o idioma inglés. Esta fala convertiuse na lingua franca; o seu valor universal non pode ser obviado polo sistema educativo español nin, na súa medidad, polos esforzos dun pequeño Colexio. Por iso durante moitos anos disfrutamos da colaboración dun lectro que daba máis forza ós desvelos de Lourdes, a nosa profesora de inglés. A Lourdes, a súa preocupación, debemos que estes lectores se atoparoan como na súa casa. A Jesús, a insistencia recompensada coa súa presencia. Nesta hora das lembranzas non esquezamos que persoas como Aimee ou Sara axudaron a sementar palabras e conceptos, modos de vida que seguro que tiveron un oco nas referencias culturais dos rapaces que por este colexio pasaron.
Unha vez repasados os sinais máis exóticos (Comenius, Lyon ou Escocia), pasemos a repasar a traxectoria máis cercana, a que fai de Jesús un home excepcional. Dixen un home e non un profesional. Non sufrín ningún lapso, non cometín por doscoido ningún erro. O que fai que hoxe estemos todos aquí consiste en que tralo primor de calquera actuación profesional, Jesús cubre, tinxe, cada unha desas accións con valores humanos. Estamos ante un profesional non deshumanizado; a deshumanización é unha especie que medra día a día sen que ninguén lle poña coto, comenza a parecernos normal a proliferación de tantos homes e mulleres que nalgún recodo do camiño perden o máis precioso da súa natureza. Jesús non so non o perdeu, senón que fai gala sen nengún tipo de artificialidade desa bonhomía pola que moitos venderíamos a alma con tal de conseguila. Estes días tiven que chamar a moitos dos que hoxe estades aquí. Como desexaba dun xeito fervente que ninguén faltara, comenzaba as conversas telefónicas tratando de "vender o artigo": nunca remataba. O decálogo de argumentos que levaba na miña memoria eran inútiles. A resposta era algo paracedo a esto: "Pois claro, é Jesús; xa o coñecemos; que día temos que ir?. Directories que hoxe están entre nós e outros que tiveron o cargo en anos anteriores, pais que viviron situacións de tensión coas diferentes administracións por causas diversas no pasado, todos son testemuñas dese factor de equilibrio que Jesús introduce na percura de solucións os conflictos que presenta o goberno destas institucións educativas. Que pena que a palabra talante teña adquirido, seguno a pronuncien tirios ou troianos peculiaridades tan dispares. Esquezamos a liorta política e purifiquemos de novo a palabra: seguro que nese intre vaille como un guante a Jesús. O talante é a disposición de ánimo dunha persoa para os demáis e para si mesmo; pero iso di pouco, por tanto é necesario adxetivar; temos bo ou mal talante. Ese é o momento en que a palabra adquire unha deriva moral que lle da pleno contido. Jesús ten un talante bo; mellor: espléndido.
en construcción ........................ TrackbacksThe trackback URL for this entry is: http://jesushomenaje.spaces.live.com/blog/cns!C21EBA3A711E8F88!219.trak Weblogs that reference this entry
|
|
|